
Este venres, 28 de agosto, remata o segundo campamento de verán da Fundación Curros Enríquez de Celanova. A actividade comezou o pasado día 3 na Casa dos Poetas e estaba orientado a nenos de entre 4 e 12 anos, cun horario de 10:30h a 13:30h de luns a venres.
De nome “O ambiente galego” e impartido por Xurxemurxe Xestión Cultural, o campamento buscaba dar a coñecer aos cativos a fauna e a flora de Galicia, fomentando o respecto polo medio ambiente. Durante o seu transcurso, cumpríronse todas as medidas de seguridade derivadas da pandemia do coronavirus.