A RúaConcellosÚltima hora

Remata o taller de autocoidado impartido polo Centro de Día da Rúa

Asistentes ao taller de autocoidado impartido polo Centro de Día da Rúa.

 

Na xornada deste xoves 9 de decembro, o Centro de Día da Rúa clausuraba o taller de autocoidado que se viña impartindo dende o 23 de setembro na sala multiusos do Concello rues.

Baixo o lema “Eu cóidome, e ti?” a psicóloga do centro, Soledad Diéguez, dinamizou 12 sesións semanais nas que se traballaron temáticas como a autoestima, relaxación, empatía, mente e corpo san.

Dada a boa acollida que tivo esta actividade xa se está planificando unha nova edición a partir do mes de xaneiro. As persoas interesadas poden informarse e inscribirse no teléfono 988312302.

O centro de día de A Rúa, dentro do seu programa de actividades comunitarias, tamén impartiu no mes de novembro unha charla de envellecemento saudable na que participaron máis de 30 persoas.

Artigos relacionados

Back to top button