En portadaÚltima horaVídeos

Rematadas as obras da primeira fase da remodelación na residencia Virxe dos Milagros de Valdegodos (Vilamartín)

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo visitaba este centro acompañado polo presidente da Fundación e polo director deste centro

 

Na mañá deste xoves 20 de xullo o director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, realizaba unha visita á residencia Virxe dos Milagros de Valdegodos (Vilamartín de Valdeorras), para comprobar o resultado das obras de remodelación do centro, grazas a unha axuda da Consellería de Política Social por importe de 2 millóns de euros.

 

 

Durante a visita, Acevedo estivo acompañado polo director do centro de maiores, Félix Pérez e polo presidente da Fundación Valdegodos, Miguel Blanco, quen explicou que xa está rematada a primeira fase das obras “co presuposto que gañamos no concurso convocado pola Xunta para remodelación e contrución de centros sociosanitarios, para entidades sen ánimo de lucro como a nosa que tivo a sorte de sacar a maior puntuación de Galicia”, dixo.

 

 

Tal como explicou o presidente da fundación, nesta primeira fase conseguiron 33 prazas individuais novas. “Todas as habitacións con aire acondicionado e climatización tanto para o inverno como para o verán, con calefacción por chan radiante e todas as instalacións máis modernas, con acceso a internet”, dixo, adiantando que agora comezarán coa seguinte fase, “que esperamos ter rematada antes do mes de novembro e que cubrirá eses 2 millóns de euros ata chegar ás 66 prazas novas, das cales 58 serán individuais e o resto dobres”. Segundo dixo, neste momento a residencia conta con 217 prazas e cando se remate a modelación quedarán en 212.

 

 

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria pola súa banda, explicou que “o modelo implantado aquí serve para as remodelacións que se fagan noutras residencias no futuro, con unidades de convivencia máis pequenas e zonas comúns para menos xente”. Asegurou que a idea é “evolucionar cara residencias máis familiares onde prime a individualidade e o incremento de metros cadrados para que o usuario e os acompañantes desfruten deles. É a clave que queremos seguir”, dixo destacando que neste momento a de Valdegodos é pioneira pero estanse construíndo 7 residencias que van na mesma liña, nas sete grandes cidades galegas.

 

 

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button