ConcellosEn portadaÚltima hora

Rematadas as obras de mellora do tramo do Camiño de Inverno entre San Miguel e A Rúa

O proxecto, promovido polo Concello de Vilamartín de Valdeorras, contou cun investimento de 40.000 euros

 

Malia continuar o estado de alarma pola pandemia do Covid-19, pouco a pouco fóronse reanudando as obras pendentes e, entre os proxectos aprobados antes da crise estaba o da “Rehabilitación e posta en valor do Camiño de Inverno”, concretamente o tramo duns 500 metros entre as localidades de San Miguel de Outeiro, no concello de Vilamartín de Valdeorras e A Rúa.

Unhas obras promovidas polo Concello de Vilamartín e financiadas polo Grupo de Desenvolvemento Rural (Agader) que eran realizadas nos últimos vinte días. Tal como explica o alcalde Enrique Álvarez, a obra consistiu na “construción dun muro de formigón para estabilizar a estrada, e cubrir a senda para os peregrinos con terra prensada”.

O presuposto total foi de 40.000 euros dos cales 30.400 púxoos o Agader e o resto o Concello.

Fotos: Teo Suárez.

Artigos relacionados

Back to top button