OurenseÚltima hora

Rematan as obras de reconstrución da Ponte de Soutelo, no municipio de Bande

Ponte de Sautelo.

 

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) vén de finalizar as obras de reconstrución da Puente de Soutelo, situado no municipio ourensán de Bande, entregándollas ao Concello para o seu mantemento e conservación. O obxectivo das obras consistiu na restauración da ponte sobre o río Limia que une os Concellos de Muiños e Bande, para o seu uso peonil e ciclista en condicións óptimas de seguridade.

Tal como explican dende a CHMS, con este proxecto executouse a rehabilitación desta infraestrutura histórica de 5 vans, duns 48,50 m de lonxitude, do que existen referencias do ano 1804, deseñando unha actuación respectuosa co seu valor histórico, conservando as pilas e estribos tras realizar os correspondentes traballos de limpeza, estabilización e nivelación, e cambiando o taboleiro existente, por 5 taboleiros de estrutura portante, de perfís de aceiro laminado con envolvente inferior e lateral de aceiro corten, con instalación de varandas e chan no mesmo material. O investimento final superou os 135.500 euros, actuacións incluídas no Proxecto Europeo Poctep “Fronteira Esquecida”.

“A colaboración institucional é a clave para conseguir proxectos importantes para preservar e mellorar a riqueza fluvial e etnográfica da que dispoñemos, en aras de valorizar as contornas fluviais para uso e goce da cidadanía” asegura o presidente da confederación, José Antonio Quiroga Díaz.

Artigos relacionados

Back to top button