ConcellosLaroucoÚltima hora

Rematan as obras de seguridade viaria e de accesibilidade na OU-636 en Larouco

 

Veñen de finalizar as obras de mellora da seguridade e da accesibilidade da estrada OU-636 en Larouco, cun investimento de 48.000 euros. Esta actuación desenvolvíase na estrada OU-636 ao seu paso polos núcleos de Larouco e da Caseta. Executáronse cunetas transitables que conectan coas beirarrúas xa existentes e adecuáronse os pasos peonís aos requisitos de accesibilidade, tal e como informa a Xunta.

No núcleo de Larouco executáronse tres tramos de cuneta transitable de formigón armado que suman unha lonxitude de 190 metros para conectar coas beirarrúas que xa había.

Tamén se reforzou a accesibilidade nos pasos de peóns, dotando as beirarrúas de tramos en rampla e baldosas podotáctiles, ampliando a súa anchura nestes puntos para evitar o aparcamento na aproximación ao paso e mellorar a visibilidade.

No núcleo da Caseta acometéronse dous tramos de senda-cuneta entre os puntos quilométricos 19+850 e 19+910.

Artigos relacionados

Back to top button