CulturaCulturaÚltima hora

Reme Remedios abrirá MARCO Petín 2024 cunha ponencia no Teleclub, o venres 23 de agosto

Esta edición da mostra de artistas da comarca no casco vello petinés contará con obras de Ordecaos, Piquico, Diéguez, Noé, Lili e Yosso

Reme Remedios cunha das obras que expuxo o ano pasado en MARCO Petín./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Como unha “aposta decidida pola promoción da arte no rural, polo apoio e impulso dos artistas da contorna onde a combinación de obras, entorno, veciños e visitantes conforman unha experiencia artística irrepetible a ceo aberto”, se presenta unha nova edición de MARCO Petín.

Trátase dunha mostra de artistas da comarca que nesta fin de semana celebrará a V edición contando con obras de Ordecaos, Piquico, Diéguez e Noé, así como de Lili e Yosso, ámbolos dous falecidos aos que se lles renderá homenaxe.

As súas obras estarán expostas nas rúas do casco vello de Petín do 23 ao 25 de agosto en horario de 20 a 23 horas, pero o acto inaugural será o venres ás 19 horas no Teleclub e contará coa ponencia dutra artista que participou na edición do ano pasado, Reme Remedios, natural de Romiña (Casaio) cuxa formación en “técnicas de gestalt, as metodoloxías artísticas, debuxos e obxectos bordados, permítenlle fomentar guías pedagóxicas para compartir itinerarios espirituais”.

Artigos relacionados

Back to top button