A VeigaConcellosEn portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

Rememorando a paixón e morte de Cristo, á beira das montañas de Trevinca

O XXII Viacrucis da Serra (A Veiga) percorría o conxunto escultórico creado por Pepe de Barrio neste Xoves Santo

 

Á beira das montañas de Trevinca discorre o traxecto do Viacrucis da Serra, un singular conxunto escultórico ideado e creado por Pepe de Barrio, artista natural de Lamalonga (A Veiga). Décadas atrás esculpía as 15 estacións deste calvario, que se colocaban nun traxecto de 14 km entre o Alto da Portela e á entrada a Lamalonga.

 

 

Este percorrido relixioso cobraba vida por vez primeira, coa participación do propio artista, o Mércores Santo do ano 2000. Dende entón o Viacrucis da Serra, o máis alto de Galicia e un dos máis longos, continúa celebrándose cada Semana Santa grazas ao labor da Asociación de Cooperación para o Desenvolvemento de Lamalonga “Pepe de Barrio”, pero anos atrás pasou a súa data do Mércores ao Xoves Santo.

 

 

 

 

 

 

 

Na soleada tarde deste 6 de abril numerosas persoas reuníanse novamente no Alto da Portela para iniciar este traxecto relixioso no que se rememora a paixón e morte de Cristo. A súa chegada á derradeira estación, está prevista á noitiña en Lamalonga. Unha vez alí, a asociación ofrecerá chocolate quentiño aos asistentes.

 

 

Durante o percorrido contábase coa colaboración do Grupo Emerxencias Supramunicipal (GES) da Veiga.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button