En portadaÚltima hora

Reparación do tramo de vía no que descarrilou o tren de mercadorías ao seu paso por Vilamartín

 

Na mañá deste xoves 24 de agosto, traballadores de Adif traballan no lugar no que na tarde de onte de producía o descarrilamento dun tren de mercadorías que transportaba en boa parte gas argón líquido, co envorcamento dos cinco vagóns de cola.

 

 

Despois de trasladar a máquina e os vagóns intactos, os operarios procedían á reparación do tramo de vía no que se producía o accidente, así como á retirada dos vagóns siniestrados. Labores complicados que continúan arestora. De feito, a mediodía seguía saíndo gas dun dos vagóns aínda que dende o 112 aseguraban que “o gas argón líquido non ten riscos ao estar ao aire libre”.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button