CulturaCulturaEducaciónEn portadaGalerías de fotosMúsicaÚltima horaVídeos

Repasando grandes éxitos modernos co alumnado do Conservatorio e da Escola de Música do Barco

Ofrecían un concerto na tarde deste 14 de xuño no Teatro Lauro Olmo

 

Música actual e moderna nun concerto que os seus promotores cualificaban de “experiencia apocalíptica”. O Teatro Lauro Olmo do Barco acollía na tarde destes mércores un concerto de alumnos do Conservatorio e da Escola de Música da vila a partir das 20h. Era tamén un xeito de despedir este curso.

 

 

Así subíanse ao escenario Andrea, Miguel, Aitana, Álex, Luz, Lucía, Antía, Gema e Manuel cun programa moi variado estilos e ritmos. Interpretaban coñecidos temas de The Beatles como “Let it be”, do grupo Teh Corrs como “Everybody hurts” ou de The Mamas & the Papas como “California Dreaming”. Tamén tocaban “I don’t know how to love him” (Opera Rock JS), “Pretty Woman” (Roy Orbison), “Imagine” (J. Lennon), “Beggin” (Maneskin) ou “Nothing else matters” de Metallica. Tampouco faltaban temas españois como “Hijo de la Luna” de Mecano ou “Soldadito marinero” de Fito.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button