EconomíaEconomíaÚltima hora

Representantes do GDR Rezekne (Letonia) visitan o territorio do GDR Ribeira Sacra-Courel

A viaxe enmárcase no proxecto de cooperación transnacional “O renacer do Patrimonio Sacro e Cultural”

Detalle do Museo Etnográfico de Quiroga./ Cedida.

 

Representantes do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Rezekne (Letonia) visitarán o territorio do GDR Ribeira Sacra-Courel no marco dun proxecto de cooperación transnacional: “O renacer do Patrimonio Sacro e Cultural”. O encontro terá lugar este mércores e xoves e nel tamén participarán os socios nacionais do proxecto: ADRI Valladolid Norte (zona norte de Valladolid), ADECOAR (comarca de Arlanza, Burgos), AGALSA (Sierra de la Demanda, Burgos), AIDESCOM (comarca de Santa MAria Real Nivea, Segovia), APRODERVI (comarca Villuercas Ibores Jara, Cáceres) e ASDECOMOR (comarca de Ordes, A Coruña).

O proxecto “O renacer do Patrimonio Sacro e Cultural” ten por obxectivo principal o desenvolvemento do turismo sacro e cultural das rexións participantes, e entre as actividades a desenvolver atópanse a realización dun intercambio de experiencias e ideas a través de visitas aos diferentes territorios.

Nestes dous días os participantes na visita terán a oportunidade de coñecer de primeira exemplos de turismo sacro do territorio: Mosteiro de San Salvador de Ferreira, Igrexa de San Paio de Diomondi, mirador Adegas Moure- Abadía da Cova, Rectoral de Gundivós, farán unha viaxe catamarán polo Canón do Sil, tamén visitarán a Igrexa San Vicente de Pinol, Santuario de Cadeiras, Miradoiro de Cadeiras, Convento das Clarisas, o Museo Etnográfico de Quiroga, a Igrexa e Abadía de San Clodio e barrio da xudería en Monforte de Lemos.

Artigos relacionados

Back to top button