En portadaSanidadeÚltima hora

Repunte de ingresos por Covid no Hospital de Valdeorras que chega a 9

Exterior do Hospital Comarcal Valdeorras, no Barco.

 

Lixeira suba nos ingresos por coronavirus rexistrados no Hospital de Valdeorras. O centro barquense conta, segundo os datos publicados hoxe pola Consellería de Sanidade (e actualizados ás 18h. do 3 de novembro) un total de 9 ingreso, 1 máis que onte.

Ademais no Hospital de Verín hai 7 pacientes en planta (1 menos que onte), mentres o Hospital Universitario de Ourense ten 68 en planta (5 máis que onte) e 17 na Unidade de Coidados Intensivos (os mesmos que onte). Ademais a Clínica Santa Teresa ten dous ingresos en planta.

Tendencia á baixa nos casos activos da provincia

Unha xornada máis, volven diminuír os casos activos de coronavirus na provincia de Ourense. Así, segundo os datos publicados hoxe por Sanidade, a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco rexistra 1.211 casos activos, o que supón 61 menos que onte. Deles, 86 están hospitalizados en planta (6 máis que onte) e 17 en UCI (1 máis que onte). Tamén se aprecia un lixeiro ascenso descenso nos novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, un total de 42 (fronte aos 38 de onte).

O total de casos rexistrados na provincia ascende a 6.604, con 5.150 curados e 243 falecidos (onde non se producía ningún falecemento). Polo de agora lévanse realizado 96.811 probas PCR.

Artigos relacionados

Back to top button