CulturaCulturaÚltima hora

A “Resaca” de ilMaquinario, o 6 de outubro no Teatro Lauro Olmo do Barco

Trátase da terceira proposta desta compañía na que propón un percorrido emocional a través dos recordos e que afonda na identidade

 

Imaxe da representación./ Foto: ilMaquinario.

 

A partir da memoria de Álex, unha amiga que acaba de desaparecer “para sempre”, agroma “Resaca”, o terceiro espectáculo que leva á escena ilMaquinario Teatro. Tras os exitosos “O Home Almofada” e “Perplexo”, baseados en pezas de autores estranxeiros, agora esta compañía aposta por un teatro que nace da propia biografía das persoas que conforman o grupo teatral, iniciando así un proceso de búsqueda cara “canles máis cercanas ao feito documental e moi cercano á realidade que vivimos”.

O resultado dese proceso é “Resaca”, que poderá verse no escenario do Teatro Lauro Olmo do Barco o 6 de outubro ás 21h. A obra, dirixida por Tito Asorey, conta cun elenco formado por Melania Cruz, Fran Lareu, Fernando González, Laura Míguez e Vadim Yukhnevich. Trátase dunha construción colectiva que se apoia na intertextualidade.

 

Artigos relacionados

Back to top button