ConcellosParada de SilÚltima hora

Rescatan a unha persoa tras sufrir unha caída nunha zona rochosa do concello de Parada de Sil

 

Os bombeiros interviñan esta tarde para rescatar a unha persoa que caía nunha zona de rochas en Parada de Sil e que precisaba asistencia médica debido ás lesións provocadas polo impacto.

“A persoa rescatada presentaba un corte na cabeza e danos na cadeira. Para poder sacala do lugar no que se atopaba, en Barxacova, preto dun camping, desde o 112 Galicia pediuse a colaboración dos membros do GES de Castro Caldelas, ademáis dos voluntarios de Protección Civli da localidade. Igualmente, foi necesaria a axuda dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, pois a estabilidade da persoa ferida era prioritaria co fin de realizar o rescate e traslado en condicións de seguridade”, segundo informa o 112 Galicia.

O aviso deste accidente recibíase no 112 Galicia preto das catro da tarde de hoxe “despois de recibir as chamadas de alerta das persoas que acompañaban ao ferido, e que describiron a súa caída por unhas pedras con final nun río”.

Artigos relacionados

Back to top button