Chandrexa de QueixaConcellosÚltima hora

Retírase do listado de casos de Covid a un usuario da residencia de Chandrexa “por resultar falso positivo”

 

No boletín de casos activos de coronavirus nas residencias de maiores que publica a diario a Consellería de Política Social inclúense neste sábado 16 de xaneiro, 52 novos positivos entre usuarios e traballadores destes centros. Entre eles, no referente á provincia de Ourense. figuran 1 usuario da residencia de maiores de Bande, 3 usuarios de Santa María de Verín e 2 usuarios da residencia de Vilardevós.

Ademais dende Política Social infórmase de que se retira “do cómputo o usuario da residencia de Chandrexa de Queixa por resultar falso positivo”.

Neste momentos en Galicia contabilízanse 349 positivos entre usuarios de residencias de maiores galegas e 193 entre os seus traballadores.

Artigos relacionados

Back to top button