OurenseÚltima hora

Reunión do Consorcio contra Incendios de Valdeorras en Ourense

Imaxe da reunión do Consorcio Contra Incendios de Valdeorras.
Imaxe da reunión do Consorcio Contra Incendios de Valdeorras.

O pazo provincial acollía na mañá do 12 de maio unha xuntanza do Consorcio contra Incendios e Salvamento de
Valdeorras. Sobre a mesa poñíanse temas de ámbito económico e de xestión, entre os que figuraban a presentación da memoria de intervencións e actividades do exercicio 2014, os informes da xerencia e os decretos e resolucións da presidencia.

Na reunión participaban o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, o presidente do consorcio e alcalde de Larouco, Joaquín Bautista Prieto; os alcaldes de Chadrexa de Queixa a A Rúa e o delegado territorial da Xunta de
Galicia, Rogelio Martínez.

 

Artigos relacionados

Back to top button