OurenseÚltima hora

Reunión do Subdelegado do Goberno en Ourense coa C.H. do Douro e Tragsa sobre as inundacións de Monterrei

Imaxe da reunión celebrada na Subdelegación do Goberno en Ourense.

 

O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso, reuníase na mañá deste 10 de outubro co comisario de Augas da Confederación Hidrográfica do Douro, Ignacio Rodríguez Muñoz; co xefe de servizos de Actuacións en leitos da mesma, José Manuel Herrero; e cos representantes da Unidade Territorial de Galicia da empresa Tragsa.

No decurso deste encontro, que tiña lugar na Subdelegación, valorábanse as actuacións levadas a cabo tras as inundacións no concello de Monterrei, a situación das condicións hidrolóxicas de leitos e o estado de depuración dos núcleos de poboación urbanos da provincia de Ourense respecto das competencias da CH Douro.

 

Artigos relacionados

Back to top button