PolíticaÚltima hora

Reunión en Chandrexa sobre o saneamento fronte á tuberculose bovina

Estaba convocada dende Xuntos por Chandrexa co fin de abordar esta problemática

Un dos momentos da reunión./ Foto cedida.

Dende Xuntos por Chandrexa vén de celebrarse unha reunión con gandeiros da zona para abordar a problemática “existente co actual saneamento fronte á tuberculose bovina, que nun primeiro momento estivo a marcar vacas para sacrificio trala primeira proba de tuberculina con resultado de dubidoso. Isto ocorreu porque a zona da comarca de Trives cambiou de cualificación debido a dous baleirados sanitarios que se realizaron o ano pasado”, tal e como sinala o concelleiro desta formación política no municipio, Rubén Fernández.

Na xuntanza participaban representantes do Sindicato Labrego Galego, veterinarios da zona, o deputado do grupo mixto no Parlamento galego Davide Rodríguez e o concelleiro Rubén Fernández. “A finalidade era escoitar a voz dos gandeiros para así redactar un texto que trasladar á Xunta para tentar levar a cabo unha
actuación que non lle conleve tanto dano aos gandeiros, xa que máis do 90% dos animais sacrificados rematan por dar resultados negativos fronte á enfermidade tralas probas post mortem”, comenta este concelleiro de Xuntos por Chandrexa,

Ademais engade que está pendente de “redactar o documento definitivo, pero a reunión foi un éxito de asistencia e moi produtiva en canto ás conclusións”.

Artigos relacionados

Back to top button