DeportesKárateÚltima hora

Reunión no Barco da primeira promoción de karatekas do River Stone

 

As de Nadal son sempre datas de reecontro. Coa familia, cos amigos, cos compañeiros de clase e tamén cos compañeiros de deporte. É o caso da primeira promoción do River Stone do Barco, as “vellas glorias” do karate valdeorrés que na noite do mércores 28 de decembro se reunían no restaurante San Mauro para cear.

Compañeiros do Barco, da Rúa e tamén Quiroga (alumnos do falecido José Puente) que máis que deporte compartían case a vida. “De pequenos adestrabamos todos xuntos, eramos unha familia”, conta unha das karatekas lembrando que o Ximnasio River Stone “era a nosa segunda casa”.

A última vez que se reunían era no ano 2019 na homenaxe que lle fixeran ao mestre Nicolás Rodríguez polo seu 6º DAN, unha noite chea de emocións e sorpresas na que se xuntaban preto de 90 persoas. Neste 2022 recuperaban o encontro pero só cos máis achegados.

 

A primeira promoción do River Stone ceando no San Mauro.

 

Joaquín na cafetería do San Mauro, no Barco.

Artigos relacionados

Back to top button