ConcellosO BarcoÚltima hora

Reunión no Barco o 20 de decembro para presentar os resultados da enquisa sobre a Axenda Urbana

Terá lugar ás 18:30h. da tarde no Salón de Actos do Multiusos da vila barquense

 

Hai uns meses O Barco iniciaba a redacción da súa Axenda Urbana, de cara a poder optar ás axudas do fondos FEDER que serán convocadas proximamente. O principal obxectivo deste documento é que o Concello e o seu territorio de influencia avance cara “un desenvolvemento sostible, no que procure a mellora da calidade de vida da súa poboación e dos habitantes vencellados e que marque o camiño a seguir de aquí a 2030”, segundo o Concello.

Entre os traballos para a redacción do documento, era necesario un proceso de participación cidadá que se iniciou coa posta en marcha dunha enquisa online dispoñible na web do Concello, e que culminará maná mércores, 20 de decembro, coa presentación e debate dos resultados acadados nela, así como doutra serie de datos de interese acadados pola empresa redactora na fase de análise e diagnose.

“Das máis de 400 persoas que participaron na enquisa online, o 78% reside no núcleo do Barco, e o 40% ten entre 35 e 40 anos, ademais, para a maioría o principal reto ao que se enfronta o territorio barquense de aquí a 2030, é a atención ao envellecemento poboacional a través de máis servizos e equipamentos, e en segundo lugar o apoio ás empresas cooperativas e as emprendedores no sector primario”, segundo avanza o Concello. Este proceso de participación cidadá servirá para elaborar as liñas estratéxicas da Axenda Urbana, e serán a base para a definición das actuacións recollidas no Plan de Acción.

 

Artigos relacionados

Back to top button