O vindeiro 25 de maio a praza Maior de Ribas de Sil (San Clodio) acollerá a II Festa dos empresarios e comerciantes que organiza a Asociación de empresarios e comerciantes do Xeoparque Montaños do Courel.
A celebración incluirá diversos actos, así ás 16:00 horas haberá unha charla sobre o Xeoparque e a actividade emrpesarial, ás 17:00 horas terá lugar un torneo de chave e para os cativos xogos populares. Unha hora despois, está prevista unha cata de aromas infantil, ás 20:00 horas unha cata de viños a cargo de Pablo da Adega EDV, e ás 21:00 horas unha pancetada e biscoito de balde. A continuación, actuacións musicais de Julio Ferrín e DJ Míchel.