ConcellosSan Xoán de RíoÚltima hora

Río presenta candidatura ao programa piloto “Pueblos que aprenden”

 

O Concello de San Xoán de Río vén de presentar a súa candidatura á convocatoria de Programa Piloto “Pueblos que aprenden: Ciudadanía, emprendimiento, patrimonio y educación ambiental para el desarrollo rural sostenible”. Esta convocatoria está dirixida a pobos que enfrontan retos demográficos (despoboación, envellecemento, atracción turística débil…) para ser “o escenario dun programa comunitario de aprendizaxe e planificación para impulsar o desenvolvemento rural e as boas prácticas en cidadanía europea”, segundo a convocatoria.

O programa terá unha duración de dous anos e, nese tempo, a localidade seleccionada será obxectos de diversas accións como estudos etnográficos e análises socioeconómicas do lugar, educación para a cidadanía, desenvolvemento e implementación de aplicacións (apps) para a veciñanza activa, apoio á xestión do patrimonio cultural, xardinería e outras accións de embelecemento da localidade, etc.”.

“Se a nosa candidatura vence, San Xoán de Río convertirase nos 2 vindeiros anos nun escenario de medidas de desenvolvemento rural”, asegura o seu alcalde, Xosé Miguel Pérez.

Artigos relacionados

Back to top button