OurenseÚltima hora

Río será un dos concellos beneficiados polo programa europeo “Learning Villages”

Esta iniciativa, que busca promover unha cidadanía activa, foi "gañadora dun concurso da Unión Europea e será levado a cabo", indica o seu alcalde

 

Learning Villages International Network Working on European Citizenship (LVIN-C) é un proxecto europeo dunha rede emerxente de Learning Villages que ten como obxectivo intercambiar boas prácticas en democracia participativa e mellora da cidadanía activa. Está enfocado a territorios menos favorecidos impactados polo despoboamento e a fraxilidade demográfica para reforzar a inclusión responsable, a cidadanía, a democracia participativa e o compromiso ambiental. Un dos concellos que se beneficiará desta iniciativa é o de San Xoán de Río, tal e como vén de confirmar o seu alcalde, Xosé Miguel Pérez Blecua.

“Por fin pasamos da teoría a práctica e o proxecto da Rede Internacional de Pobos para o Aprendizaxe (LVIN-C) presentado por San Xoán de Río e outros concellos, universidades, ONGs e PeMEs de 5 países (España, Portugal, Italia, Grecia e Rumanía) foi gañador dun concurso da Unión Europea e será levado a cabo”, asegura a rexedor, que convida ás persoas a sumarse a esta iniciativa a través da cal no caso de Río traballarase nas seguintes cuestións:

-Cidadanía activa, igualdade de xénero, presupostos participativos, cidadanía dixital e educación ambiental.
– Ferramentas e modelos sociais e tecnolóxicos innovadores.
– Pensamento estratéxico, xestión de proxectos e planificación a longo prazo.
– Conciencia social ambiental, decisión e acción comunitaria (especialmente en tempos de pandemias e emerxencias sanitarias).
– Saúde, benestar e envellecemento activo para persoas maiores.

“Nos vindeiros 24 meses, faremos proxectos centrados nestes temas, visitaremos os proxectos dos outros países e recibiremos a visita da xente que participa neste proxecto dos outros países para que lles mostremos os nosos proxectos. Polo tanto, quen queira traballar nestos temas, visitar proxectos doutros países ou colaborar no que poida que se apunte no Concello”, comenta o alcalde de Río.

LVIN-C está composto por unha rede de máis de dez pobos iniciais de máis de cinco países, cunha poboación de 250-12000. Estes pobos de aprendizaxe piloto uniranse para desenvolver paquetes educativos e culturais sobre as xa mencionadas áreas de actuación. Este programa comezará a porse en marcha o vindeiro xoves.

Artigos relacionados

Back to top button