Cun dobre concerto internacional estreábase a terceira edición do ciclo “Terrasón”, que promove por terceiro ano consecutivo o Concello do Barco. A praza Maior do Barco acollía a primeira das propostas do programa da man dos britátnicos Owl Light Trio e Xógara, tamén de terras inglesas pero cun compoñente galego, o focense Mano Panforreteiro.
Os primeiros en subirse ao escenario en Owl Light Trio (trío do luscofusco), banda formada por Jim Penyy na concertina, Colin Fletcher na guitarra acústica e Jane Griffitnhs no violín e na viola. No seu repertorio soaban melodías bretoas, británicas e irlandesas, pero con singular e complexos arranxos. Tamén interpretaban algunha peza galega con arranxos propios.

Tras eles actuaba Xógara (palabra coa que se denominan na Mariña Lucense as pedras pulidas polo mar), un proxecto detrás do que están catro músicos: o galego Mano Panforreteiro (gaitas e low whistle), John Ruddock (voz, guitarra e bouzouki), Siriol Davies (voz) e Jo Hamilton (saxofonista e frautista). Entre as pezas que soaban había tamén algunhas galegas interpretadas pola asombrosa voz de Davies, ademais de pezas doutras. Ademais na parte final da actuación ambas bandas tocaban xuntas e mesturábanse co público.
Fotos: A.R., agás as tres últimas que son cedidas por Ton y Son.