ConcellosEn portadaParada de SilÚltima horaVídeos

Romaría de San Bieito no Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil (Parada de Sil)

 

Cumprindo coa tradición, neste 9 de xullo a veciñanza de Parada de Sil honraba a San Bieito cunha fermosa romaría no incomparable marco románico do Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil. Para trasladarse ata alá o Concello de Parada de Sil poñía a disposición das persoas interesadas un bus gratuíto dende Parada (con saída ao lado do Concello).

 

 

A celebración relixiosa comezaba ás 12 horas cunha procesión na que San Bieito era levado en procesión polos veciños, rodeando o mosteiro. Despois tiña lugar a eucaristía, no interior da igrexa que, un ano máis, era cantada pola coral polifónica Aqua Música de Ourense.

 

 

Xa fóra do templo, os asistentes desfrutaban dunha sesión vermú, amenizada pola charanga Tattoo, que actuaba tamén pola tarde. Tras a sesión vermú, esta festa, que organiza o Concello de Parada de Sil, continuaba en Castro, no Camping Canón do Sil, con música e un xantar, cun menú a base de empanada, parrillada mixta, sobremesa ou café, viño, gaseosa e auga.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button