ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Romaría do Pai Eterno de Lardeira, devoción e tradición

Numerosas persoas participaban nesta celebración relixiosa e tamén popular que se desenvolvía na fin de semana do 15 e 16 de xuño nesta localidade do municipio de Carballeda de Valdeorras

Festa popular, pero tamén unha fonda devoción. A Romaría do Pai Eterno de Lardeira congregaba na pasada fin de semana, 15 e 16 de xuño, a numerosas persoas nesta localidade do Concello de Carballeda de Valdeorras. As festas comezaban o sábado cun torneo de dardos e, xa pola noite, tiña lugar unha cea popular na que unhas 123 persoas compartían mesa para saborear unha paellada. Despois, chegaba o momento de bailar ao ritmo dunha discoteca móbil.

 

 

O domingo 16 de xuño era o día propio da romaría con misas na igrexa (recentemente restaurada) cada hora dende as dez da mañá e ata as 12h. do mediodía. A misa central oficiábase á unha, xunto coa tradicional e multitudinaria procesión coa imaxe do Pai Eterno.

Tras os actos relixiosos, ao mediodía, dábase paso á sesión vermú, amenizada pola orquestra M-3 e non faltaba tampouco o pulpo. A organización desta festa estaba en mans de Manuel Docampo, Alfonso Blanco e Rafael Blanco.

Fotos cedidas por Ana Blanco.

Artigos relacionados

Back to top button