DeportesEn portadaÚltima hora

Ronaldo fai o Camiño de Inverno en bicicleta eléctrica

O terceiro día de ruta do ex xogador de fútbol e presidente do Real Valladolid, comezaba en Quiroga

 

O Camiño de Inverno, a ruta xacobea que comeza en Ponferrada e entra en Galicia por Valdeorras, conta estes días cun peregrino moi especial.

Cumprindo a promesa que fixo se o seu equipo ascendía a primeira división, Ronaldo Nazário, considerado un dos mellores xogadores de fútbol do mundo e actual presidente do Real Valladolid, está facendo, en bicicleta eléctrica, o Camiño de Santiago pola variante de inverno que atravesa o Bierzo e as catro provincias galegas ata Santiago de Compostela.

 

Ronaldo cun veciño de Quiroga.

 

Xunto á súa parella, Celina Locks e persoal de apoio, Ronaldo comezaba a ruta o domingo e tras percorrer a comarca de Valdeorras, na mañá deste martes 7 de xuño comezaba dende Quiroga a terceira etapa desta peculiar travesía. A través das redes sociais, el mesmo asegura que ían cansados pero contentos, tras unha etapa dura que percorreron rodeados polas montañas.

Na parada en Quiroga, os afeccionados, entre eles o concelleiro de Deportes Andrés Novoa, non dubidaron en facerse fotos co mítico ex futbolista brasileiro.

 

Ronaldo durante a parada en Quiroga./ Foto: José Alonso.

 

Fotos cedidas/ Deporte Quirogués.

Artigos relacionados

Back to top button