CulturaCulturaÚltima hora

Ronda do Carro enfeitado por Lubián, ao ritmo da Charanga Nova de Trives

 

Xa adornado con fitas de diferentes cores e diversos elementos vexetais, o Carro enfeitado agardaba á beira da igrexa de Lubián durante o xantar popular que a veciñanza celebraba este venres 8 de setembro nesta vila zamorana pero no linde coa provincia de Ourense.

 

 

Despois, a partir das 17h. cumpríase coa tradición e este singular carro, antano tirado por reses e hoxe por un tractor, iniciaba o seu percorrido festivo pola vila, acompañado pola música da Charanga Nova de Trives e polos bailes da veciñanza, que vestía camiseta conmemorativa e os xa tradicionais panos encarnados anoados ao pescozo. Deste xeito revivíase un ancestral costume propio desta zona da Alta Sanabria.

Fotos e vídeo cedidos.

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button