CulturaCulturaEntroido 2023Última horaVídeos

Ronda nocturna de Entroido en Pombriego, rematada con versos e baile

 

A veciñanza de Pombriego (Benuza, León) tamén está a vivir con intensidade a tradición do Entroido nestes días. Na noitiña do sábado realizaban a súa tradicional ronda polo pobo, cunha comitiva de músicos que levaban de casa en casa a festa. “Hai moita xente maior que o Domingo de Entroido non pode baixar ao Sagrado (lugar onde se celebra o Entroido) entón asómanse as ventás e corredores, sácannos de beber e estamos todos xuntos, en unión, é algo moi bonito e pásase moi ben”, comentan dende a Asociación Aires del Cabrera.

 

 

Despois da ronda, viña o sereno, e nunha corte da aldea comezaba a parte teatral da festa coas comedias en verso con forte tono satírico. Deseguido había cea, con sopas e diversos petiscos e, finalmente, baile de pandeireta ata a madrugada.

Fotos e vídeo cedidos pola Asociación Aires del Cabrera.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button