ConcellosO BarcoÚltima hora

Roubo nun céntrico estanco e librería do Barco

 

Na pasada noite producíase un roubo nun estanco e librería situado na rúa Santa Rita do Barco. O suceso producíase pasadas as 23h. A responsable do establecemento era alertada por un veciño, que escoitaba o ruído producido polos ladróns ao golpear na cristaleira do local. Era entón cando no seu móbil conectaba coas cámaras de seguridade da librería e vía a dous individuos, un deles no seu interior. Nesa momento avisaba ás forzas de seguridade.

O primeiro que fixeron os ladróns foi ir á caixa, pero ao non conter diñeiro, soamente se levaban mecheiros, non tocaban o tabaco.

Para acceder a este estanco os ladróns golpearon a cristaleira cun ladrillo de grandes dimensións, facendo un buraco polo que accedeu un deles ao interior.

 

Artigos relacionados

Back to top button