DeportesGalerías de fotosÚltima hora

A Rúa recibe á Noiteboa cunha carreira solidaria

Alejo Ares Prada imponse na VI Carreira e Andaina de Nadal

O frío, intensificado pola persistente néboa, foi un dos protagonistas da VI Carreira e Andaina de Nadal celebrada na mañá do 24 de decembro na Rúa. Os outros protagonistas foron os valentes participantes.

Máis dun cento de andarines e corredores retaban ás baixas temperaturas e pasadas as dez e media da mañá comezaban a recoller os dorsais: con gorro de Papá Noel para os camiñantes e camiseta para os atletas. E xa ás once en punto comezaba a primeira proba. Uns corenta andarines tomaban a saída na Estación de Autobuses para completar o percorrido que os levou a carón do río polo Aguillón, a Chopeira e A Reza, para regresar de novo ao punto de partida.

Media hora máis tarde saían os corredores (uns sesenta) e de seguido as categorías inferiores (inscribíronse 53 nenos), empezando polos cadetes.

A dobre proba atlética coa que A Rúa recibe á Noiteboa, está organizada por Valdemove Valdeorras, o Club Adas Proinor e o Concello, tendo un carácter solidario coa aportacion por inscrición,dun quilo de alimentos non perecedoiros que irán destinadas ás familias máis necesitadas.

Con respecto aos resultados da carreira absoluta, Alejo Ares segue sen ter rival. Era o máis rápido subindo ao alto do podio. Iván Fernández era segundo e Hugo Sánchez terceiro.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button