
Do 5 ao 7 de xullo celebrarase no Pavillón Municipal de Calabagueiros o I torneo de fútbol sala ‘Vila do Barco’ no que participarán equipos masculinos (maioritariamente de Valdeorras pero tamén de Monforte, Viana do Bolo e mesmo Ponferrada) e tamén femininos.
Na tarde do domingo día 7 disputarase un cuadrangular feminino no que participarán o Rúa Valdeorras Futsal, o Cidade de As Burgas FS, o Ourense CF e o Vianariño FS.

Igual que no caso do masculino, neste mini torneo feminino haberá premios para o 1º (120 puntos) e 2º (60 puntos), así como trofeo para a mellor porteira e para a mellor xogadora.