ConcellosRubiáÚltima hora

Rubiá celebra a procesión coa imaxe da Virxe do Camiño dende a capela ata a igrexa parroquial

 

Na tarde deste domingo 7 de maio comezaban de forma oficial os cultos das festas da Ascensión, en Rubiá. O día central da celebración, no que se conmemorará a Ascensión do Señor, será o xoves día 18, pero hoxe tiña lugar un dos actos máis destacados da parroquia: a procesión para levar á Virxe do Camiño dende a súa capela ata a igrexa parroquial onde se desenvolverán os cultos.

 

 

A procesión coa imaxe da Virxe levada a hombros polas mulleres, que incluía acompañamento musical dun grupo de gaitas e os estandartes dos patronos dos pobos dos concello, comezaba ás cinco da tarde e era presidida polo párroco, Daniel Pérez Quintela.

 

 

Coa Virxe do Camiño xa na igrexa, dende o martes 9 de maio e ata o mércores 17, ambos incluídos, celebrarase cada día a novena na honra á Virxe do Camiño. Comezará ás 20 horas co rezo do santo rosario, seguido da misa e rematando coa oración. O domingo día 14 de maio a misa será ás 12:30 horas e o rosario e a novena serán pola tarde, ás 17 horas.

 

 

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.
Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button