ConcellosRubiáÚltima hora

Rubiá despedirá mañá a Ignacio Barrio, o sacerdote natural deste concello, falecido en Vigo tras varios días desaparecido

Igrexa parroquial de Rubiá.

 

A parroquia de Rubiá está de loito. O pasado día 3 aparecía o corpo sen vida de Ignacio Barrio González, un sacerdote natural deste concello valdeorrés, residente en Vigo, onde falecía tras sufrir unha caída e permanecer varios días desaparecido.

Foi unha nova moi mediática xa que desaparecía o 28 de outubro tras saír pasear, como adoitaba facer, dende a residencia diocesana de Nosa Señora da Guía, na veciña parroquia de Teis, onde residía aos seus 85 anos. “Ao parecer, por un despiste caeu por un terraplén e pudo chamar por teléfono pero, dado que padecía algo de demencia e estaba desorientado non soubo especificar onde se atopaba. Tivo que ser unha morte moi triste, de sede, frío ou desangrado…”, conta o párroco de Rubiá, Daniel Pérez Quintela, asegurando que, malia levar anos sen vir á casa en Valdeorras, era unha persoa moi querida no pobo.

Por iso, para darlle o último adeus, terán mañá luns 18 de novembro unha misa na súa honra. “Traerán as súas cinzas que, logo da misa, serán enterradas no cemiterio de Rubiá”, indica o párroco, explicando que a misa será ás 12 horas para a familia e todo aquel que queira acompañalos, contando cun bo número de sacerdotes entre os que estarán o párroco do Barco Jesús Álvarez, o arcipreste de Galicia Juan José Prieto, Herminio González e José Antonio Madero, estes dous últimos, párrocos en Rubiá antes da chegada do actual, Daniel Pérez.

 

Artigos relacionados

Back to top button