ConcellosGalerías de fotosRubiáÚltima horaVídeos

Rubiá honra a Santa Mariña, con procesión dende o barrio de Xeadre ata a igrexa parroquial e misa

 

Fieis á tradición e dous meses despois das festas da Ascensión, Rubiá vivía hoxe outra celebración, desta volta unicamente relixiosa e centrada no barrio de Xeadre.

 

 

Dende este punto do pobo e diante dun fermoso altar na honra á patroa de Rubiá, saía no mediodía deste domingo 23 de xullo a procesión coa imaxe da Virxe, que percorría parte do pobo valdeorrés ata a igrexa parroquial onde tiña lugar a misa presidida polo párroco Daniel Pérez Quintela e cantada polo poco.

 

 

Dende a súa recuperación por parte dun grupo de mulleres hai máis dunha década, a festa de Santa Mariña chegou a durar ata catro días pero pouco a pouco foise reducindo e dende a pandemia a parte lúdica quedou eliminada quedando unicamente a relixiosa.

 

 

 

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button