Un dos paquetes programados dende Spain Trips (Autocares Atvisa) para promocionar Valdeorras e as comarcas limítrofes en pleno Entroido, é a viaxe ao desfile de folións de Vilariño de Conso que se celebra na mañá deste sábado 10 de febreiro.
E rumbo a Vilariño partía dende a praza do Concello do Barco o autocar que leva a un grupo de persoas que disfrazadas e animadas asistirán ao desfile e posterior Festa do Cabrito, todo incluído no paquete.
Mañá será o turno de Viana do Bolo con asistencia ao desfile do Domingo Gordo e a Festa da Androlla.