Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Ruta da Asociación Huellas de Cabrera pola Ribeira Sacra

 

A Asociación Cultural e de Sendeirismo Huellas de Cabrera vén de realizar este domingo unha ruta pola Ribeira Sacra e polos canóns do Sil. Os camiñantes, un grupo de 13 persoas entre os que había valdeorreses, partían dende Sobrado e ían ata Albergueria (19,5 km), na zona de Luíntra.

Neste traxecto percorrían lugares como o Miradoiro da Lampa, os Penedos do Trigo, O Bambán do Solpor, o Mosteiro de San Estevo, o Miradoiro do Pé do Home, o mellor banco da Ribeira Sacra….
Ademais nesta ruta pasaban por “uns carreiros espectaculares entre rebolos e castiñeiros”, din os participantes.

Fotos: Lois Prada F.

Artigos relacionados

Back to top button