Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Ruta da Asociación Huellas de Cabrera polo corazón de Babia (León)

 

A Asociación Huellas de Cabrera desprazábase o domingo 18 de setembro ao corazón de Babia (León) para facer unha fermosa ruta pola serra dos Bígaros.

“Comezamos a camiñar no bonito e tranquilo pobo de Torrestío para coller O Camín Real de la Mesa e pouco a pouco ir subindo a cresta da Serra e acometer os cumios de Los Corros 1983 m, Bígaros 2040 m, Muñón 2039 m, Peña Blanca 1980 m, Alto de la Ferrera 1922 m e La Ferrera 1826 m para despois descender a Braña da Mesa e percorrela ata o final para retomar camiño a Torrestío”, explican os participantes nesta marcha.

 

 

A ruta tiña unha distancia de 17 km, dos cales 3,5 km forón pola cresta da Serra por riba dos 1900 m. Onde as vistas son espectaculares en 360° é en Ubiñas, Lagos de Saliencia, Peña Orniz, etc….

Fotos: loispradaf.

 

Artigos relacionados

Back to top button