Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Ruta de montaña da Asociación Huellas del Cabrera por Valdeprado, no concello leonés de Susañe

 

Neste domingo 26 de marzos os integrantes da Asociación Huellas del Cabrera realizaban unha fermosa ruta de montaña en Valdeprado, no concello de Susañe (León). A andaina iniciábase en Valdeprado con dirección ao refuxio do Cutxao, ascendendo entre fermosos bidueirais.

O obxectivo da xornada era acadar o Pico Bóveda ou cerro de Bustatán, con 1918 m de altitude, con algo de neve na sua cima. “No descenso visitamos o refuxio da Pandiecha, que se atopa na Braña do mesmo nome. Continuamos descendendo, sempre a carón de fermosos regatos, ata chegar a Braña de Susañe con practicamente todas as cabanas restauradas e finalizar de novo en Valdeprado. Foi unha bonita xornada de senderismo”, explican os participantes nesta ruta.

Fotos: loispradaf.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button