DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Ruta do Club Peña Trevinca Barco polos lagos de Somiedo e os Picos Albos

Publicidade
Unha vintena de persoas participaban nesta actividade deportiva, realizada o 6 de outubro
Por terras asturianas de montaña transcorría a ruta que o Club Peña Trevinca Barco realizaba na xornada do 6 de outubro. Unha vintena de participantes realizaban este traxecto duns 8 quilómetros de dificultade técnica media e dificultade física fácil.
Os asistentes partían dende O Barco ás 7:30h. da mañá e chegaban en torno ás dez ao alto da Farrapona. Despois comezaba o percorrido polos diferentes lagos de Somiedo, entre eles os de Saliencia e Calabazosa, e tamén se realizaba o ascenso aos Picos Albos, engandindo 3,5 km á ruta.
Fotos cedidas.
Os participantes nun dos tramos da ruta./ Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button