O sábado 17 de agosto celebrarase V Andaina Nocturna e a I “O Bolo pola igualdade”. Unha “ruta entre papoulas e rebolos” que sairá ás 20 horas dende a praza diante do pavillón municipal do Bolo.
Trátase dunha ruta circular duns 8 km que parte do Bolo cara a Barreira. “Tomaremos o camiño da antiga granxa para ascender ata Fornelos, dende onde continuaremos cara a Capela dos Navallos. Aquí faremos unha parada técnica para repoñer forzas e descansar un anaco; despois subiremos ata O Viduedo e Os Hortos. Disfrutaremos da panorámica nocturna dende o Mirador María José; e xa co Bolo á vista baixaremos para rematar no punto onde iniciamos a andaina”, explican dende a organización. Ao remate haberá chocolatada con bica para os asistentes á andaina, así como os veciños do Bolo que os acompañen.
Cada participante recibirá unha camiseta comemorativa.