CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Ruta literaria polos escenarios da novela “A Boca do monte”, ambientada en Quiroga

A autora desta obra acompañaba a alumnado do IES As Lago de Ourense nun percorrido que incluía lecturas

 

Un numeroso grupo de estudantes do IES As Lagoas de Ourense percorría esta semana os escenarios da novela “A boca do monte”, acompañados de Celia Díaz Núñez, a autora desta obra, publicada pola editorial Galaxia. Nela recréase a construción do túnel de Montefurado (Quiroga) no século II, en tempos do emperador Traxano, para recoller o ouro que o Sil arrastraba ao seu paso.

A ruta iniciouse en Rairos, ao pé do Castro de Ares, punto onde comeza e remata a novela, e continuou ata o túnel de Montefurado, coñecido popularmente como a “Boca do monte”, onde o alumnado puido contemplar o inmenso oco aberto na montaña e que representa un dos grandes logros da enxeñería romana. O percorrido continuou por Augasmestas e as Covas do Medo de Margaride, lugares que teñen tamén presenza na ficción literaria de Celia Díaz.

En cada punto do itinerario os estudantes coñeceron os aspectos históricos que sustentan a trama e leron fragmentos significativos da novela localizados neses mesmos escenarios.

“Literatura e historia danse a man e achegan aos estudantes un patrimonio xeográfico e histórico de extraordinaria importancia”, destaca a autora deste libro.

Fotos cedidas por Celia Díaz.

Artigos relacionados

Back to top button