En portadaÚltima hora

Sabela King & The Heartbreakers poñen son á V Velada dos Sentidos, en Xagoaza (O Barco)

 

Música, viño, comida e cócteles maridados con música nun fermoso entorno ao aire libre. Nesta tarde e noite de 1 de xullo os xardíns da adega Godeval en Xagoaza (O Barco) acollían a quinta edición da “Velada dos Sentidos”. Unhas 150 asistían a este evento, que comezaba arredor das 20h.

Esta edición tiña como protagonista a Sabela King & The Heartbreakers e nela congregábanse unhas 150 persoas, que desfrutaban deste evento entre viñedos, no que se podían degustar os viños da adega acompañados de paellas (de carne e vexetal), finalizando con cócteles, cuxas receitas orixinais foron creadas por cocteleiros galegos de primeiro nivel e cuxa base principal serán os augardentes e licores, marca Mosteiro de Xagoaza.

 

 

Con este tipo de actividades, a adega valdeorresa quere continuar con este ciclo de concertos que empezaron no 2017 e poder levar á comarca ourensá de Valdeorras artistas que están a despuntar e aqueles que xa teñen unha traxectoria.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button