DeportesÚltima hora

Sae a consulta pública o borrador do regulamento das Escolas Deportivas Municipais do Barco

 

O Concello do Barco de Valdeorras ten previsto aprobar nos vindeiros meses, o regulamento de funcionamento das Escolas Deportivas Municipais. Por  iso, co fin de que a cidadanía poida presentar suxestións ao texto, ábrese o prazo de 20 días hábiles, contando dende o día seguinte ao da súa publicación na web municipal e a sede electrónica do Concello, para que tanto a veciñanza como as organizacións máis representativas potencialmente afectadas pola futura norma, se poidan pronunciar sobre os problemas que se pretenden solucionar coa inicitiativa; a necesidade e oportunidade da súa aprobación; os obxectivos da norma; e posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias.

O regulamento pode consultarse desde hoxe, 9 de xullo, no seguinte enlace: https://www.sede.concellodobarco.org/transparencia/transparencia/exposicions/

As achegas e/ou suxestións deberán facerse chegar ao Concello do Barco de Valdeorras por escrito, tanto telematicamente a través da sede electrónica do Concello como presencialmente, no rexistro situado no primeiro andar do Edificio de Usos Múltiples.

Artigos relacionados

Back to top button