ConcellosO BarcoÚltima hora

Sae de Valdeorras o primeiro envío de axuda humanitaria a Ucraína promovida polo Grupo Transpais

 

Moi sensibilizada coa difícil situación pola que está atravesando Ucraína tralo estallido do conflito bélico, a  poboación valdeorresa estase envorcando co pobo ucraíno e apenas uns días despois de facelo público, na xornada deste venres 11 de marzo saía dende O Barco, o primeiro envío (dous palés) de axuda humanitaria promovida polo Grupo Transpais a través da súa delegación de Polonia en Lublin e da Cruz Vermella Polaca.

 

 

En Valdeorras a iniciativa comezouse a difundir dende Pizarras Los Tres Cuñados e tamén se incorporaba GLS do Barco, a encargada de levar o reunido ata a sede de Transpais en Vigo. Neste envío que partía hoxe dende a oficina de GLS, colaboraron nais cos seus nenos, xente anónima, estudantes, profesores, empresas do sector vitivinícola e tendas que tamén se solidarizan co pobo ucraíno.

 

 

Máis información no seguinte enlace: https://osil.info/valdeorras-sumase-a-iniciativa-de-envio-de-axuda-humanitaria-a-ucraina-do-grupo-transpais/

Fotos cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button