ConcellosO BarcoÚltima hora

Saída de vía, sen feridos, no Barco de Valdeorras

 

Novo accidente nas estradas de Valdeorras. Na mañá deste sábado 27 de xullo producíase un accidente de tráfico no concello do Barco, concretamente na estrada 536 dirección Sobradelo, antes do desvío de Candís.

Pasadas as 10 da mañá saltaba no 112 Galicia o aviso do suceso no que se vía implicado un coche que se saía da vía e chocaba contra un petril. O único ocupante do vehículo non resultaba ferido.

Ata o lugar dos feitos desprazábanse os Servizos Sanitarios do 061 que volvían de balde, o GES Valdeorras, a Policía Local do Barco e a Garda Civil de Tráfico.

Ao tratarse dun punto estreito da estrada, ata a retirada do vehículo os camións non podían pasar aínda que os turismos si.

 

Artigos relacionados

Back to top button