DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Salvour revalida o título de campión galego máster

Cristina Colomo e Silvia Fernández, mellores deportistas no campionato galego de Salvamento e Socorrismo celebrado en Ourense
Doce clubs e case 250 deportistas participaban no campionato galego de Salvamento e Socorrismo celebrado a pasada fin de seman na piscina Rosario Dueñas de Ourense.
Entre os participantes, o anfitrión, o Club Salvour, revalidaba o título de campión na categoría máster con 299 puntos, sendo Silvia Fernández López a mellor deportista -45 e Cristina Colomo a mellor +45.

A nivel individual destacan as actuacións da xuvenil Eva Espinosa que subía ao podio en dúas ocasións: medalla de prata en 50 metros remolque de maniquí e medalla de bronce na proba de 100 metros combinada. Nesta mesma categoría Samuel Iglesias era 18º. Na categoría júnior Silvia Quintela era 11. En sénior Ecequiel Quiroga lograba a medalla de bronce en 200 metros obstáculos e nesa mesma proba Jorge Sánchez era 17. Andrea Bello lograba a medalla de bronce en 100 metros combinada e varios cuartos postos.

A chuvia de medallas chegaba na categoría máster con máis de 30 metais e 17 primeiros postos individuais e en probas de equipo.

Fotos: Salvour.

 

Artigos relacionados

Back to top button