
Cun completo programa celebrarán no Concello de Ribas de Sil as Festas de San Clodio 2024 os días 30 e 31 de outubro.
O programa comezará o mércores día 30 ás 12h. coa Santa Misa na honra ao patrón, San Clodio; e ás 13h. procederase á inauguración da remodelación integral do Pavillón Polideportivo de San Clodio, a cargo do Fondo de Cooperación local da Xunta de Galicia, que inclúe mellora dos vestiarios (Obradoiro de emprego), mellora da accesibilidade na Fonte da Prata (Plan Deputación), e novas instalacións deportivas no antigo parque de bicicletas (Plan Deputación e Fondos Europeos).

Ás 13:30h. terá lugar o xantar popular no pavillón, onde coma todos os anos, os asistentes poderán degustar empanada, polbo e bica; e xa pola tarde, ás 20h. terá lugar o gran magosto popular no Pavillón Polideportivo de San Clodio cos festa amenizada polo Dúo Estrellas.
O día seguinte, xoves 31 de outubro estará adicado aos maiores coa XXIV Festa da Terceira Idade que inclúe misa (13:15); gran chourizada na praza do Concello (20h.); e baile amenizado polo Dúo Explosión (21h.).
O programa complétase con dúas actividades para o día 2 de novembro: degustación de petisco de Galicia Sabe aMar na praza do Concello (12-14 e 17-21h.); e Teatro no Salón de Actos do Concello As mentiras teñen os pés pequenos da compañía Pico do Castro (19h.).



