CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

San Xoán de Río acollera o 1 de agosto o “O III Serán da Seitura”

Este evento, que será retransmitido por estreaming, incluirá actuacións, conferencias e unha mostra

Unha das actuacións da segunda edición do “Serán da Seitura”, celebrada en Manzaneda no verán do 2019./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A praza da Igualdade de San Xoán de Río será escenario o vindeiro sábado 1 de agosto do “III Serán da Seitura” a partir das 20h. Incluirá actuacións musicais, ademais da conferencia “O feito musical e o folclore”, impartida por Fernando Moltepeceres; e unha mostra de cornamusas primitivas, que estará aberta ata o 15 de setembro.

O evento será presentado polo alcalde de Río, Xosé Miguel Pérez Blecua, quen dará paso ás actuacións da gaiteira local Ari, Manuel Méndez Silvelo de Outeiro (corno celta), Jacinta Fernández Alonso de Lentellais (O Bolo) e ás cantareiras Digna de Vilanova e Fiuca de San Fiz (Trives), que interpretarán pezas do “Cancioneiro da Seitura de Manzaneda e Terras de Trives.

Tamén se subirán ao escenario Paula Labrador e Nico Salgado, as Cantareiras da Real Banda de gaitas da Deputación, ademais de Marco Foxo e Daniel Castiñeiras. Ademais presentarse o “Cantar da Primavera” con Tatiana Costomarova.

“Para evitar unha gran concentración de xente o acto será retransmitido por streaming. E recomendamos que só veña xente da zona”, comenta o alcalde de San Xoán de Río.

 

Cartel deste evento.

Artigos relacionados

Back to top button