ConcellosSan Xoán de RíoÚltima hora

San Xoán de Río activa a Área Recreativa da Veiga

 

Punto de encontro deportivo e de lecer. Neste verán xa está funcionando a Área Recreativa da Veiga no municipio de San Xoán de Río, no que o Concello desenvolvía un proxecto de posta en valor. Ademais da parte das piscinas, inclúe zonas deportivas como é a de fútbol praia e, recentemente, vén de inaugurar o seu chiringuito para dar tamén servizo os usuarios.

A intervención prevista polo Concello de San Xoán de Río nesta zona non está aínda rematada, pero “pedimos unha certificación parcial da obra para poder ter operativa a área durante o verán, despois completaranse os traballos”, explica o alcalde de San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button